Tódolos anos en Bueu celébrase a "Festa do Polbo". Neste ano 2005 rematou a VI edición que, durante tres días (4, 5 y 6 de Novembro) promocionou tanto restaurantes coma un dos nosos mellores productos da ría, "o polbo". Miles de persoas visitaron nosa Villa e degustaron diversos pratos: polbo á feira, en caldeirada, en croquetas, con arroz, acompañado con salsa de marisco, etc. Sempre acompañado dun bo viño, entre os degustados nesta pasada edición destaca o Tintafemia de Cela.

O encargado de leer o pregón desta sexta edición foi o presidente da Deputación Rafael Louzán, que alabou a calidade do producto, reafirmando que Bueu é unha villa pioneira neste sector. Tamén citou o gran potencial da nosa lonxa en ventas de polbo. O pregón foi unha mixtura de tradición e modernidade.

Durante a mañá do domingo celebrouse o concurso gastronómico:

- No apartado reservado ós restaurantes o gañador foi o restaurante Estrella cun prato de polbo con salsa de marisco, realizado polo cociñero Andrés Pérez.

- No concurso reservado a particulares o gañador tamén foi o propio Andrés Pérez.

Neste mesmo día tamén foi homenaxeado o polbeiro máis veterano do concello Francisco Vidal Patiño.

Resultados do concurso de redaccións sobre o mar - ir -