DATA DE CELEBRACIÓN Do 22 ao 25 de Xullo de 2006
LUGAR Campo de Futbol de Bueu
EDICIÓN Sétima
HORARIO De 11:00 h. a 22:00 h.
EXPOSITORES Empresas
ORGANIZAN CONCELO DE BUEU - FECIMO
     
 

VII MOSTRA MULTISECTORIAL DA COMARCA DO MORRAZO

I. PRESENTACIÓN

Do 22 ao 25 de Xullo celebrarase BUEUMOSTRA 2006-Mostra Multisectorial da Comarca do Morrazo-. Esta nova edición, que fai a sétima, supón a consolidación do evento como actividade feiral de ámbito comarcal

Ao propoñernos seguir apostando na tarefa de concienciación das ventaxes da pequena e mediana empresa, promocionando a súa actividade e diversidade, cremos que se acadará unha diferenciación do noso comercio e das nosas empresas en xeral. BUEUMOSTRA, leva consolidando ano tras ano, a súa repercusión, tanto no número de expositores como no número de visitantes, que no ano 2005 foron preto de 12.000.

BUEUMOSTRA 2005 acadou o seu obxectivo: transformarse nun GRAN ESCAPARATE COMERCIAL e converterse nunha verdadeira canle de comunicación e un intercambio de esperiencias profesionais, que estamos seguros, a curto e medio prazo redunda en beneficio e incremento da competitividade das nosas empresas, permitindo manter un contacto entre empresas e clientes, servindo de proba para o lanzamento de produtos.

Do 22 ao 25 de Xullo, BUEUMOSTRA 2006 será a cita ineludible para todas aquelas persoas que desexen coñecer todos productos e servizos que as empresas expositoras porán ao seu alcance. Decoración, Fotografía, Artes Gráficas, Moda e Complementos, Automoción,...., estarán representados neste gran evento en Bueu.

II. O RECINTO

BUEUMOSTRA 2006, celebrarase por segundo ano consecutivo no Campo de Fútbol de Bueu, que conta cunha superficie total de, aproximadamente, 6.000 m2 e unha superficie de exposición de máis de 4.000 m2. A diferencia fundamental coa edición anterior é que se duplicará a superficie cuberta quedando só unha pequena zona ao aire libre, para aqueles expositores que polas características do seu produto ou actividade, teñan que instalarse no exterior.

Un total de 5 carpas darán cabida a 65 expositores multisectorias. O coste da entrada é de 1€/persoa. No recinto haberá servizo de CAFETERÍA-BAR.

III. GALERÍA DE IMAXES BUEUMOSTRA 2005 - ver imaxes -

Breve resumo dalgunhas empresas que participaron na anterior edición.

IV. EMPRESAS PARTICIPANTES BUEUMOSTRA 2006

Faro de Vigo, Maquinaria Agrícola Carpintero, Industrias PJC Bueu, Saneamientos Caldas, Tecnosolar, Floristería Marisol, Revestimientos Laxe, Fundación Comarcal O Morrazo, Carma, Cafetería Bueumostra, La Casa de las Flores, PPuentes, Muebles Portela-Aldán, Granaínco Chimeneas, Muebles Cobas, Cela Motor, Cangas Aventura, Olyarte, Club Golfiños Bueu, Carnicería Charcutería José, Popelín, ZapateríaTarabela, Tacataca Bebé, Amando Fotógrafos, Logar Carpintería, Lo + Dulce, Xela Decoración, La Caleta, Óptica Bueu-Eugenio Blanco Ópticos, D´Talla, La Ventana Natural, Popelín Telas, Joyería Perfumería Castro, AMC España, Feitizos, Bombom, MRW, Distrigargón, Sica, Makpan, Paraortopedia Vida, Embrujo, Decoración del Río, Imco Waterless, Regalía, Vorwek Kobold, Tixoma, Agulla Inversores, Exclusivas Iglesias, Nordes Kayak, Exclusivas E. Villares, Visocar-Liméns, Thermomix, Diexmo, Encarna, D´Xafio, Tu Segunda Piel, Cosméticos D. Bullón, Floristería Azahar, Ladynort, Alda, Limpiezas Generales del Morrazo, ECOGA-Sistemas de Impresión, Bareas Asesores, Mobel Andes, Joara, Decoracións Publicitarias , Carmen Gil Creación Nupcial.

V. ORGANIZADORES-PATRONIZADORES